Política de Protección de datos de carácter persoal
No cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Caracter Persoal informamoslle de que, logo de cubrir o presente formulario, os seus datos quedarán incorporados no ficheiro “Videoxogos” sendo o responsable do mesmo o Servizo de Administración Electrónica do Concello de Vigo, e que ten como finalidade: ''Obter unha base de datos co obxecto da participación nos videoxogos e o fomento do uso da lingua e cultura galega''.

O/A interesado/a podrá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición dirixíndose á Secretaría Xeral do Concello de Vigo situado na Plaza do Rei, 1 C.P. 36202 VIGO coa Referencia: “Protección de Datos”, a través dun escrito asinado ao efecto e adxuntando fotocopia do seu DNI . ou chamando ao teléfono 010.
Datos relativos a menores de idade
O Concello de Vigo anima aos menores de idade para que consulten cos seus pais antes de proporcionar datos de carácter persoal. En ningún caso, recabaranse do menor de idade datos relativos ou relacionados coa situación económica ou a intimidade dos outros membros da familia. Adicionalmente, faise constar que a información relativa a menores solicítase exclusivamente para a participación no Concurso de personaxes e no Videoxogo Viaxe as Covas do Folón. En ningún caso cederanse os datos relativos a menores a terceiros alleos ao Concello de Vigo, nin se utilizarán con outro fin que o mencionado.
Medidas de seguridade
O responsable do ficheiro adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requiridos, e instalou todos os medios e medidas técnicas a disposición segundo o estado da tecnoloxía para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos facilitados. Sen prexuízo do anterior, o usuario é consciente da posibilidade de que a seguridade das comunicacións a través da rede non sexa invulnerable.
Ligazóns a outros sitios web
No caso de que a páxina web ofreza ligazóns a outros sitios web, e aínda que se trata de asegurar que eses sitios de terceiros cumpran os estándares adecuados, non podemos garantir o cumprimento da normativa de protección de datos nin a relativa á Lei de Servizos da Sociedade da Información nos mesmos.
Contacta connosco
Se tes calquera pregunta sobre a nosa Política de Privacidade, ou se che gustaría facer calquera suxestión o recomendación, por favor diríxete a info@viaxeascovasdofolon.com.